
O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística. 4v3i2v
Descripción de O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística. 4d6c5a
Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para poder usalo libremente na Galiza. Ou é que alguén pensa que pode usar libremente o galego, sen ningún problema, na súa propria terra?... Abonda coa propia vontade para usar o galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento?... Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos?...Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?... A resposta, infelizmente é un rotundo NON. 55d1l
Comentarios de O galego xa é minoritario. Emerxencia linguística. 2l252d