iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
A FALA da LINGUA 6p4v4i
Por Mohawk
57
85
Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega 312n1z
Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega
AS PALAVRAS ACABADAS en -ZÓN vs -CIÓN
Episodio en A FALA da LINGUA
Leitura dunha parte da Gramática de Dª Leandro Carré Alvarellos (1967) na que dá sólidos argumentos para utilizar as terminacións das palavras en -zon (-çom) face ao castelanismo do sufixo en -ción
09:07
OS DIAS DA SEMANA por FEIRAS na GALIZA
Episodio en A FALA da LINGUA
Progama da Radio "Totum Revolutum", no 2004 no que explica moi ben a denominación tradional dos dias da semana na Galiza por feiras. A nomenclatura dos días da semana débese á asociación de cada un con planetas (que eran deuses pagáns), excepto o domingo “día do Señor” (Domenicus dies) e mais o sábado, que ten orixe xudaica (“día do sabá”, sabbatum). En Portugal e, tradicionalmente na Galiza, triunfou a nomenclatura da igrexa (promovida por S.Martiño de Dumio desde Braga) por feiras (días) colocadas dun xeito ordinal desde o domingo.
11:23
O CONTINUO GALEGO-PORTUGUES por Eduardo Maragoto
Episodio en A FALA da LINGUA
Entre o Galego padrón oficial e o Portugués padrón oficial, fálanse formas intermedias lingüísticas difícilmente "etiquetabeis" e que evidencian a íntima unidade do Galego e o Português.
24:31
O QUE TODO GALEGO DEBE SABER do PORTUGUÊS
Episodio en A FALA da LINGUA
Serie de programas da TVG "Ben Falado" que se adicaron a un maior coñecemendo do Português, proporcionando pequenos consellos para entendelo mellor e evitar equívocos
35:08
DIFERENZAS na FALA do GALEGO e o PORTUGUÊS
Episodio en A FALA da LINGUA
Sobre as diferenzas fonéticas no Galego-Português falado na Galiza e no Brasil
05:32
Sobre o uso con xeito de RESULTAR
Episodio en A FALA da LINGUA
RESULTAR tén, en galego, un uso máis restrinxido do que en castellano, indicando procedencia ou consecuencia. Non sería correcto dicir, por exemplo, "Resúltame difícil facelo", pois non indica nen procedencia nen consecuencia de
03:29
Sobre a diferenza entre PEDIDO e SOLICITUDE
Episodio en A FALA da LINGUA
PEDIDO é o acto ou formulario para demandar a entreta ou concesión de algunha cousa. En troca, a SOLICITUDE é unha forma de actuar con dilixencia e coidado (por exemplo: "Atendeume con solicitude", esto é, que me atendeu moi ben, removendo os problemas ou dúbidas que puideran xurxir)
03:22
Sobre a diferenza entre ESCOLLER e ELEXIR
Episodio en A FALA da LINGUA
Sobre o adecuado uso de ESCOLLER (decidir entre dúas ou máis opcións) e ELEXIR (designar por votación)...Outro exemplo máis de interferencias do castellano
01:50
Sobre a diferenza entre ENSINAR e MOSTRAR
Episodio en A FALA da LINGUA
A influenza do castellano repercute sobre o adecuado uso na utilización de ENSINAR (trasmitir coñecimentos) e MOSTRAR (facer ver)
04:43
Sobre a diferenza entre LOGO e DESPOIS
Episodio en A FALA da LINGUA
Debido ás inferferencias co castellano, na fala galega espontánea actual, é moi frecuente usar a palabra LOGO co significado de DESPOIS (ou DEPOIS). Hai que ter en conta que, en galego, a palabra LOGO ou LOGIÑO, acrescenta un matiz de inmediatez que non hai en DESPOIS: "veño LOGO" é que "veño rápido", ou que "veño axiña". En troca, "veño DESPOIS" quer dicir que "veño máis tarde", non rápidamente. Alén deste valor temporal, o LOGO, en galego, tamén tén un valor consecutivo ou causativo ("E logo ?") equivalente a a "Por qué" ou "Entón".
03:55
Diferenzas entre o GALEGO e o PORTUGUÊS
Episodio en A FALA da LINGUA
Este audio, en castelán, fai unha breve exposición para amosar as diferenzas fonéticas e morfolóxicas fundamentais entre o galego e máis o português
10:55
Sobre o nome do BIERZO
Episodio en A FALA da LINGUA
Sobre o nome e orixe do Bierzo, un territorio históricamente unido a Galiza, e no que aínda se fala galego
03:09
A curiosa orixe do NOME DOS MESES
Episodio en A FALA da LINGUA
O nome dos meses na meirande parte de Europa tén orixe latina, adicados a Deuses ou Emperadores romanos. É curioso saber que antes o ano, cousa que tamén por outra parte é ben lóxica, empezaba en marzo, coa primavera, non en xaneiro
03:02
As VOGAIS do GALEGO
Episodio en A FALA da LINGUA
Face as 5 vogais que tén o Castelán, o Galego utiliza 7 vogais, que lle otorga matices diferentes á fala
04:57
A CONTRACCIÓN do ARTIGO nos TOPÓNIMOS
Episodio en A FALA da LINGUA
Os topónimos que levan, de seu, artigo (A Coruña, O Salnés, etc...) deben pronunciarse e tamén escribirse coas contraccións que sexan pertinente, ou sexa, diremos (e escribiremos) que "veño DA Coruña" e non "veño de A Coruña")
04:44
Sobre o pronome LLE e as súas variantes LE e ÑE
Episodio en A FALA da LINGUA
Normalmente, en Galego, úsase como pronome de 3ª persoa -LLE. Dun xeito muito máis residual está o uso de -LE, e, moito máis curioso, esparexido por varias zonas da costa, está os que o fan en -ÑE ("falan polo ñe")
03:22
Vinde ACÓ ou ídevos para ALÓ
Episodio en A FALA da LINGUA
Se dividiramos figuradamente a Galiza actual nunha diagonal que a divida pola metade atoparemos que ao norte desta liña dín normalmente ACÓ e ALÓ, mas ao sur só utilizan ACÁ e ALÁ
03:20
Dóenme os cadrÍS !
Episodio en A FALA da LINGUA
Os sustantivos rematados en -L, igual que no português, deben facer o plural no galego trocándollo por -IS. Así, por exemplo, os plurais de caracol, animal ou cadril, serían caracoIS, animaIS e cadrÍS, e non caracoles, animales e cadriles...como podería parecer nun principio
05:53
Sobre mOIto, mUIto e mUto
Episodio en A FALA da LINGUA
De oeste a leste o Galego vai variando este diptongo desde o mOIto da costa ao mUto das montañas orientais, pasando polo mUIto da zona central
02:32
IrmáN ou irmaO
Episodio en A FALA da LINGUA
No oeste da Galiza dín irmáN, mas no leste vogalízana en irmaO. O galego normativo recomenda a primeiro forma.
05:52
Más de Mohawk Ver más
A GALIZA e o GALEGO Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... Actualizado
RETALLOS PARA O PENSAMENTO Sobre os humanos actuais e ados. Sobre a nossa sociedade e o seu desenvolvimento sostíbel...assi como calquer outro tema que convide á dialogar e debater... Actualizado
También te puede gustar Ver más
O GALEGO REINTEGRACIONISTA Sobre o movimento reintegracionista galego, esto é: o que progugna un galego harmónico co português...o cal non deixa de ser a súa outra face, a dun galego que tivo a fortuna histórica de se normalizar A asunción maioritaria da opción reintegracionista pola sociedade galega implicaría unha grande vantaxe competitiva ao multiplicar as nosas posibilidades comunicativas internacionais, sen deixar de falar a nosa língua... Quero aclarar que me decidín a escribir na normativa fundamentalmente autonomista (sen por isto ser purista), para que así ninguén se me "asuste" anticipadamente antes de escoitar os audios, e así se poidan achegar ao movimento reintegracionista sen preconceitos... Actualizado
Falemos Galego Enxebre Nesta Sección do programa aprenderemos a falar galego con Afonso Vázquez-Manxardín Actualizado