iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Día a Día - Recomendacións Literarias 5f3o58
117
6
Recomendacións Literarias, por May Acebes. 127238
Recomendacións literarias May Acebes - 28/09/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
"A vinganza dos homes bos" de Manuel Esteban é a recomendación literaria desta semana que nos trouxo May Acebes. Co propio autor falamos desta obra.
15:01
Recomendacións literarias May Acebes - 21/09/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
May Acebes achegounos hoxe unha nova recomendación literaria, en concreto "Tierra de Mujeres" de María Sánchez. Amais neste tempo Alba Vidal presentounos o seu proxecto europeo "Vagalume" no que propón unha intervención con tatoos en todo tipo de marcas na pel ligadas a experiencias traumáticas.
18:04
Recomendacións literarias May Acebes - 29/06/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Música, misterio, maxia e ciencias ocultas únense no último libro de Luis Antonio Muñoz, "Historia oculta de la música", que comentamos na sección Recomendacións Literarias de May Acebes. O músico, historiador e investigador detállanos as claves deste estudo que contén historias como a da compositora Rosemary Brown.
22:55
Recomendacións literarias May Acebes - 23/06/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
De macarras, pijos, mods e rockers vai a sección de May Acebes, Recomendacións Literarias. Contamos con Iñaki Domínguez autor de "Macarras interseculares", quen nos detalla as claves para coñecer os mitos "callejeros" da capital española, no último medio século.
16:39
Recomendacións literarias May Acebes - 15/06/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
A segunda entrega "Historias para disfrutar con la historia" de Fran Zabaleta é a novela que achega hoxe May Acebes na sección Recomendacións Literarias. Falamos co autor quen nos describe alguns dos relatos que forman parte do noso pasado.
26:32
Recomendacións literarias May Acebes - 08/06/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
As reflexións literarias e as novelas máis adictivas veñen con May Acebes, na sección Recomendacións Literarias. Hoxe a lista está formada por varios libros como "Los errantes" da autora polaca galardoada co Premio Nobel de Literatura, Olga Tokarczuk; "El final del affaire"de Graham Greene e "Vida en el jardín" de Penelope Lively. Súmanse á lista, o galego Manuel Portas con "Cadencias".
12:05
Recomendacións literarias May Acebes - 01/06/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Falamos da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas, Ricardo Carvalho Calero con Henrique Rabuñal, na sección de Recomendacións Literarias de May Acebes. O autor compostelá narra a biografía na novela "Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra". Unha viaxe polo século XX galego.
17:45
Recomendacións literarias May Acebes - 25/05/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
May Acebes, na sección #RecomendaciónsLiterarias, falounos hoxe do libro de Naomi Klein, "Decir no no basta" e da novela histórica "Cixí emperatriz", da autora Jung Chang. Tamén comentou a última obra da galega Tamara Andrés "Distancias", un álbum poético ilustrado por Marcos Viso.
15:44
Recomendacións literarias May Acebes - 18/05/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
As obras galegas "Formigas nos pés" de Nazaret López e Terra Nullius de Alberte Momán, xunto á novela biográfica que recorre a historia rusa, "Limónov" do francés Emmanuel Carrère, son as novelas que aconsella May Acebes, na sección Recomendacións Literarias.
10:43
Recomendacións literarias May Acebes - 11/05/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Unha morea de propostas achega May Acebes na súa sección Recomendacións Literarias. Música, filmes e coma sempre, libros. A novela "Veleno de tinta impresa" de Xosé A. Neira Cruz e o libro-disco "O derradeiro decembro infitivo" de Xosé Duncán son as obras galegas que podemos ler estes días.
10:24
Recomendacións literarias May Acebes - 04/05/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Para os viaxeiros e viaxeiras May Acebes achega, á sección Recomendacións Literarias, dúas novelas sobre viaxes. "Pájaros que se quedan: Otoño en Pensilvania" de Eduardo Jordá e "Viajes al otro lado" de David Attenborough son as obras que permitirán ao lector trasladarse a Madagascar, Australia ou Pensilvania sen saír da casa.
12:20
Recomendacións literarias May Acebes - 27/04/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
May Acebes fálanos hoxe, na súa sección Recomendacións literarias, dunha novela inédita e recuperada logo de medio século. "Os corvos, a figueira e a fouce de ouro" do ourensán Mendez Ferrín volve a ver a luz grazas ao traballo do docente e investigador da Universidade Vigo, Fernando Ramallo. Por esta obra, o autor foi acusado dun delito de propaganda ilegal e encarcelado no 1969.
12:54
Recomendacións Literarias May Acebes - 13/04/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
A novela galardoada co Premio Pulitzer 1997, "Armas, gérmenes y acero" do profesor Jared Diamond é o libro que aconsella May Acebes, na Sección Recomendacións Literarias. Unha obra que demostra que a diversidade cultural ten as súas raíces nas diferencias xeográficas.
09:26
Recomendacións literarias May Acebes - 06/04/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
A novela de misterio "El libro de la hija" da autora galega Inma López Silva é a lectura obrigada que May Acebes aconsella na súa sección Recomendacións Literarias. A obra narra a historia dunha xornalista que escribe o caso dun empresario condenado por violar a súa filla.
05:46
Recomendacións literarias May Acebes - 30/03/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Sempre hai tempo para ler un bo libro coa sección Recomendacións literarias. Desta vez, May Acebes aconsella ler o libro de Natalia Carou "O mal querer" que retrata a violencia, a droga, o acoso escolar ou o desamor da sociedade actual. Tamén recomenda varias novelas históricas e a miniserie dramática "Unorthodox" baseada na historia da moza xudía, Deborah Feldman.
07:12
Recomendacións literarias May Acebes - 23/03/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Dobre proposta literaria para pasar a cuarentena é a que trae May Acebes, na súa sección Recomendacións Literarias. A novela de terror "Los ojos de la oscuridad" de Dean Koontz conta a historia dunha nai que investiga o falecemento do seu fillo, mentres brota en Wuhan, un novo virus. "O cuarto das abellas" é o poemario no que a galega Antía Otero mantén a tensión poética, mostrando a dualidade entre o salvaxe e o doméstico.
08:03
Recomendacións Literarias 16/03/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
Dende a casa May Acebes achegounos as súas recomendacións literarias de cada luns. Hoxe compartiu connosco "Corentena literaria", unha proposta literaria de Diego Giráldez, consistente en publicar en Facebook o comezo dos nosos libros favoritos. Así o están a facer distintos escritores que len o comezo do seu libro favorito. Nestes días a lectura brindaranos bos momentos.
06:54
Recomendacións literarias May Acebes - 09/03/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
"Carrusel" de Berta Dávila, galardoado co premio Premio García Barros 2019 é o libro que trae hoxe May Acebes na Sección Recomendacións Literarias. Comentamos coa autora esta novela que, narra a historia en primeira persoa dunha escritora que, atravesa unha crisis creativa mentres lidia cunha enfermidade mental.
15:27
Recomendacións literarias May Acebes - 2/03/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
A conversa con Amador Castro Moure autor de "Shangai a Barcelona"centrou hoxe o tempo de Recomendacións Literarias que cada luns conduce May Acebes no programa Día a Día. Está ambientado no tren que ía de Galicia a Barcelona, e que popularmente se coñecía coma "o Shangai". Por esta obra recibiu o Premio Xerais de Novela, 2019
18:49
Recomendacións literarias May Acebes - 24/02/2020
Episodio en Día a Día - Recomendacións Literarias
"O libro dos trens" publicado por Galaxia achéganos o relato de dez autores e autoras galegas. Hoxe no tempo de "Recomendacións literarias" con May Acebes falamos con dous deles Antonio Piñeiro e Miguel Anxo Fernández.
28:05
Más de Radio Municipal de Tui Ver más
Día a Día Revista radiofónica da Radio Municipal de Tui conducida por Andrea Carrera e Chimo Cabreira. De luns a venres de 10 a 12.30 h recolle a actualidade local e comarcal, información, entretemento, curiosidades, deporte,... Actualizado
Informativos Os informativos da Radio Municipal de Tui recollen a actualidade máis cercana no ámbito local e comarcal. A información política, social, cultural, deportiva de Tui e da comarca do Baixo Miño está presente en Noticias 13.30 h cada día de luns a venres de 13.30 a 14.00 h. Actualizado
Sección Aula UNED de Tui A oferta formativa da Aula da UNED de Tui coñecémola semanalmente no programa Día a Día Actualizado
También te puede gustar Ver más
Tomos y Grapas Cómics Todas las novedades, noticias, reseñas y demás historias sobre el mundo del Cómic, novela gráfica e ilustración. https://www.tomosygrapas.com Si necesitas cualquier cómic cómpralo desde nuestra tienda online! https://tienda.tomosygrapas.com/ Tampoco te pierdas nuestros contenidos den YouTube https://www.youtube.com/tomosygrapascomics Síguenos @TomosyGrapas Facebook.com/TomosyGrapas Actualizado
Terror y Nada Más (Ficción sonora - Audiolibros) Terror y Nada Más: 17 años creando experiencias inmersivas de terror, suspense y ciencia ficción con base en guiones propios y en relatos de autores clásicos, contemporáneos y nuevas promesas. ¡Ficción sonora en estado puro! Actualizado
HISTORIAS PARA SER LEÍDAS Un podcast de Terror y Ciencia Ficción dirigido por Olga Paraíso. Autora de "Crónicas Vampíricas de Vera", disponible en Amazon. Actualizado