iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis

Podcast
Lume na palleira 32048
Por Radio Galega
419
135
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. 1t116
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares.
02:01:04
02:01:06
Lume na palleira 22-12-2024
Episodio en Lume na palleira
Neste programa ofrecemos unha variada escolma de propostas musicais galegas de raíz a cargo de Volta E Dalle, Os Chavellos, Ker Cuez, Xascariz, Ailá, Leni Pérez & Roberto Comesaña, Caldo, Xoán Carlos Rilo, Mediarea, De Ninghures, Isidro Vidal, Onte E Hoxe, Eliseo Parra & Davide Salvado & Fergus & Cibrán Seixo, Tanxugueiras, Javier Franco, Quico Comesaña, Mondra, Encrucillada, Kornucopia, Coribantes, Treixadura, Barahúnda e Malvela.
02:00:53
Tor ten novo disco
Episodio en Lume na palleira
Hoxe visita o programa o cuarteto Tor para falarnos do seu novo traballo: "Zira". Conversamos cos seus compoñentes, Castor Castro, Felix Castro, Álvaro Iglesias e Xosé Liz. Ademáis, na sección "O recuncho da palleta" escoitaremos pezas do ciclo de Nadal.
02:00:58
O grupo Ailá está de estrea
Episodio en Lume na palleira
Recibimos no programa aos compoñentes de Ailá: Ánxela Carou, Manuele Pardo, Xan Pampín e a última incorporación, a zanfonista Manu Fraguela. Traen baixo o brazo o seu novo traballo, "Tradimensional", unha homenaxe a tódalas vivencias que rodean o baile e a música tradicional. Na sección O Recuncho da Palleta presentamos o novo volume de partituras publicado por Xosé Manuel Fernández, o fundador de Muxicas.
02:01:03
"Requinta sempre"
Episodio en Lume na palleira
Conversamos cos requinteiros da Gaita de Sarandón e coñecemos o seu novo traballo "Requinta sempre". Escoitamos en primicia o novo disco de De Ningures e a colaboración de Ailá con Icía Kirk. No "Recuncho da Palleta" recibimos a Cándido Peiteado, un mestre do acordeón diatónico.
02:01:00
Carmela estrea "Vinde todas"
Episodio en Lume na palleira
“Vinde todas” é o primeiro álbum de Carmela, un traballo que se asenta na investigación etnográfica, na tradición oral. As protagonistas son as mulleres que achegaron as melodías e as súas técnicas interpretativas. Carme López fálanos da súa traxectoria profesional e do disco e tamén é a convidada do "Recuncho da palleta", espazo no que abordará a relación de Rosalía de Castro coa música tradicional.
02:00:47
XXXVI Xuntanza de Gaiteir@s en Fene
Episodio en Lume na palleira
Entrevista aos compoñentes da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene, que nos presentan a XXXVI edición da súa Xuntanza de Gaiteir@s, que se desenvolve o 26 de novembro - Escolma de música galega ao son de Tor, Carmela, Fillas de Cassandra, Brúa, Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Encrucillada, Susana Seivane, Leilía, A Quenlla, Xistra de Coruxo, Fernando Barroso, Airiños Da Peneda, Airiños do Mar de Teis, Fuxan Os Ventos & Milladoiro e Isidro Vidal.
02:00:04
Libro-disco de Maré
Episodio en Lume na palleira
A música tradicional portuguesa asolaga este programa co noo disco-libro de Maré. Entrevistamos a unha das compoñentes do colectivo, Celina Da Piedade. Ademáis, avanzamos o novo de Carme López (Carmela) e de Tor. No Recuncho da Palleta falamos con Javier María López do seu traballo sobre Herminio Villaverde e a trompa da Fonsagrada.
02:01:06
Novidades discográficas
Episodio en Lume na palleira
Hoxe facemos unha seleccións de discos que acaban de publicarse e incluimos pezas aínda inéditas. Soan Zoelas, Milesios, Coanhadeira, Breo, Alana, Brincadeira, Os Carunchos, A.C. Mestre Manuel Gacio, Ansuíña, Os Do Fondo Da Barra e Xoán Carlos Rilo. No "Recuncho da palleta" coñeceremos o libro de partituras "Gaiteiros ao piano", de Xaime Estévez.
01:59:49
Xoan Carlos Rilo completa a súa triloxía
Episodio en Lume na palleira
O convidado do programa de Hoxe é o gaiteiro, vasco de nacemento e de corazón galego, Xoan Carlos Rilo. Con el escoitaremos algunhas pezas do disco co que remata a triloxía "O ronsel do meu sentir" e falaremos cos seus colaboradores neste traballo. Ademáis, no "Recuncho da palleta" recibimos aos activistas que organizan a rota gaiteira do Ulla Pasabodeghas.
02:01:09
Breo, máis forza para o folk galego
Episodio en Lume na palleira
O 12 de Outubro Breo presentou en vivo o seu primeiro disco, "Máis alá". Recibimos no programa a Mugui, Bieito, Sandra, Rubén e Samuel, os integrantes desta banda formada hai dous anos que mestura a música tradicional con novos sons. No "Recuncho da palleta" visítanos Suso Vaamonde coa súa publicación “Nova Técnica De Pandeireta Galega”.
02:02:13
Coanhadeira está de volta
Episodio en Lume na palleira
"7273" son os quilómetros cadrados da provincia de Ourense e tamén o título do novo disco de Coanhadeira. Sobre el falamos con Óscar Freire, Vadim Yukhnevich e Marcos Pérez, tres dos membros do grupo. Ademáis, na sección "O recuncho da palleta" escoitamos os sons da Mostra de Música Tradicional organizada pola AGG na festa do San Froilan de Lugo.
01:59:37
Alana xa ten disco
Episodio en Lume na palleira
Hoxe visítanos o trio Alana, un grupo que mestura a música tradicional galega con ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. Veñen co seu primeiro disco baixo o brazo, "O Xeito Á Cántigha". Ademáis, reunímonos con Gustavo Couto no seu "Recuncho da palleta" e recibimos a Fran Sieira para que nos fale do seu espectáculo "Ceibe"
02:01:05
Comezamos a nosa 33ª tempada radiofónica
Episodio en Lume na palleira
Comezamos a 33ª tempada radiofónica de Lume Na Palleira co noso habitual 'Recuncho da palleta', con Gustavo Couto presentándonos algúns dos contidos da nova tempada de Recunchos. Ademais entrevistamos ao grupo Ansuíña, co que presentamos o seu primeiro disco tras 35 anos de traxectoria.
02:01:15
Peche de tempada co grupo Brúa
Episodio en Lume na palleira
Peche da 32ª tempada radiofónica con novidades portuguesas: Luís Peixoto, Carlos Martins e Maré. O Recuncho Da Palleta con Gustavo Couto presentándonos as programacións da XXI Festa Rachada Da Baña e do XI Festival Folk Do Carboeiro. E, por último, entrevista ao grupo Brúa na que foi a presentación do seu primeiro traballo discográfico.
02:00:04
Brincadeira e Os do Fondo da Barra estrean disco
Episodio en Lume na palleira
O Recuncho Da Palleta con Ramón Dopico e a visita de Brincadeira para presentar o seu novo disco “No Palco Da Música”. Entrevista ao grupo Os Do Fondo Da Barra co gallo da presentación da súa estrea discográfica “BâNZô”.
02:00:04
Cantometrics presenta o seu primeiro disco
Episodio en Lume na palleira
Presentamos a 39ª edición da Festa da Carballeira de Zas, cunha conversa con Fidel Otero como representante da organización. Entrevista ao grupo Cantometrics co gallo da presentación do seu primeiro traballo discográfico.
02:00:04
Os Carunchos poñen música a versos de Manuel María
Episodio en Lume na palleira
O grupo Os Carunchos, que cumpre 30 anos de intensa e moi meritoria traxectoria musical, visítanos para falar da súa nova publicación recén editada. Neste novo traballo, en formato de libro-disco, homenaxean ao grande poeta Manuel María. O título que escolleron é “Unha Gorxa Chea De Paxaros”.
01:59:59
Presentación do novo disco de Milesios
Episodio en Lume na palleira
Ofrecemos as músicas das tres formacións finalistas na edición deste ano do Certame Runas, do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. O Recuncho da Palleta con Guillerme Inácio e unha nova entrega dos seus especiais “Mestras da tradición”. Nesta ocasión a protagonista é Amparo Voces. Entrevista ao grupo Milesios co gallo da presentación do seu novo disco “Cartografías”.
02:00:06
Más de Radio Galega Ver más
Ao contraataque Toda a actualidade deportiva de Galicia. Información, entrevistas e opinión. De domingo a xoves, a partir das 23:00 na Radio Galega Actualizado
Pensando en ti Experiencias persoais dos oíntes e opinións sobre todo tipo de temas, con Marcial Mouzo e Ricardo Saavedra Actualizado
Galicia en goles As retransmisións dos partidos do Celta e do Racing de Ferrol nas competicións da LFP e do Deportivo, Lugo, Celta Fortuna e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto ao seguimento aos seis equipos galegos da Segunda Federación: Pontevedra, Compostela, Coruxo, Ourense CF, Fabril Deportivo e Racing Vilalbés. Ademais está presente en todos os campos da Terceira e da cobertura ao Deportivo, na competición da Primeira RFEF feminina. O Galicia en Goles tamén segue con atención aos outros representantes que participan nas categorías elite do deporte español: Obradoiro e Breogán, na ACB; Ensino, Celta e Uni Ferrol no baloncesto feminino; Cangas, Guardés e Porriño, no balonmán; Liceo, no hockei a patíns masculino e o Coruña Hockei na Liga feminina; Noia, no fútbol sala masculino; Burela, Ourense, Poio, Marín, O Castro e Amarelle no fútbol sala feminino; os dous equipos do Emevé Lugo e Boiro, no voleibol; Crat Coruña, no rugbi feminino; e o Amfiv Vigo, no baloncesto en cadeira de rodas. Actualizado
También te puede gustar Ver más
Tarataña 'Tarataña' surge como respuesta a un fenómeno interesante para las músicas de raíz nacidas en España: las últimas décadas han visto crecer un movimiento de recuperación, adaptación y divulgación de la cultura campesina y las músicas de raíz en nuestro país, que ha propiciado la revitalización de antiguos rituales festivos, la génesis de otros nuevos y el crecimiento de una organización social extensa y variada, que sustenta un nuevo paisaje ritual, colectivo y dinámico. Actualizado
Aires Celtas Programa de radio semanal dedicado a promocionar, difundir y disfrutar de lo mejor de la música celta. Actualizado
Podcast Entrelares Programa radiofónico de más de 15 años de existencia en Radio Círculo, dedicado a las músicas tradicionales y folk Actualizado