Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Mancomún Podcast
Mancomún Podcast
Podcast

Mancomún Podcast 1e4d6u

136
77

Podcast do portal Mancomúnhttps://www.mancomun.gal/ Información sobre o portal Mancomún, novas e entrevistas sobre o mundo do software libre galego. Feed de subscripción:http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast 5qm65

Podcast do portal Mancomún
https://www.mancomun.gal/
Información sobre o portal Mancomún, novas e entrevistas sobre o mundo do software libre galego.

Feed de subscripción:
http://feeds.feedburner.com/MancomunPodcast

136
77
#134 - HackUDC
#134 - HackUDC
Mancomún podcast - HackUDC O 21, 22 e 23 de febreiro terá lugar a terceira edición do maior hackathon estudantil de Galicia, HackUDC, na Facultade de Informática da UDC, no Campus de Elviña. Hoxe falamos con xente de GPUL, asociación universitaria vinculada á UDC destinada a fomentar o software e a cultura libre e organizadora deste evento. Enlaces mencionados no programa Gpul https://gpul.org/ Hackatón UDC https://hackudc.gpul.org/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 3 meses
0
0
14
17:41
#133 - Datos para as investigacións, con Álvaro Theotonio
#133 - Datos para as investigacións, con Álvaro Theotonio
Mancomún podcast - Datos para as investigacións, con Álvaro Theotonio De onde sacan os investigadores os datos para facer as súas pesquisas? Intentaremos dar resposta a esta e outras preguntas con Álvaro Theotonio, Psicólogo analista de datos na Universidade Carlos III de Madrid. Enlaces mencionados no programa Álvaro Theotonio https://www.linkedin.com/in/%C3%A1lvaro-theotonio-503365227/?originalSubdomain=es R, Webscraping e Open Science. Esquivando balas en Matrix https://www.youtube.com/watch?v=M6xH8XymtGM https://www.r-s.gal/sites/default/files/xi_xornadar_2024_alvaro_theotonio.pdf As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 4 meses
0
0
17
22:46
#132 - Hackatón Cuac FM
#132 - Hackatón Cuac FM
Mancomún podcast – Hackatón Cuac FM O sábado 30 de novembro, GPUL e CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, organizaron un hackathon para mellorar Radioco, a aplicación de gravación e difusión de podcasts desta radio. Radioco é unha ferramenta de software libre creada por Iago Veloso usada actualmente por CUAC e que serve para gravar, arquivar e publicar o historico sonoro da 103.4 da Coruña. As persoas participantes no hackathon axudaron a mellorala colaborando, desta forma, cun proxecto de radio comunitaria e cunha ferramenta de software libre que pode ser utilizada por radios de todo o mundo. Enlaces mencionados no programa GPUL https://gpul.org/ Cuac FM https://cuacfm.org/ Radioco https://github.com/iago1460/django-radio GPUL e CUAC FM organizan un hackathon para mellorar Radioco https://cuacfm.org/novas/2024/11/gpul-e-cuac-fm-organizan-un-hackathon-para-mellorar-radioco/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 5 meses
1
0
18
18:44
#131 - Deseños e migracións, con Sebastian Ríos
#131 - Deseños e migracións, con Sebastian Ríos
Mancomún podcast - Deseño e migracións, con Sebastian Ríos Hoxe imos facer un percorrido da man de Sebastián Ríos polo mundo do deseño con ferramentas libres. Sebas traballa en Arquitectura Albela, un estudo onde, xunto coas súas dúas compañeiras, realiza tarefas de todo tipo, aínda que normalmente encárgase sobre todo de realizar os cálculos de estruturas, os orzamentos das obras e os deseños 3D. Enlaces mencionados no programa Arquitectura Albela https://arquitecturaalbela.com/ Gimp https://www.gimp.org/ Blender https://www.blender.org/ Inkscape https://inkscape.org/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 6 meses
1
0
10
20:34
#130 - Accesibilidade con Jonathan Chacón
#130 - Accesibilidade con Jonathan Chacón
Mancomún podcast - Accesibilidade con Jonathan Chacón Novo episodio de Mancomún podcast sobre software libre e cultura aberta. Hoxe temos o pracer de conversar con Jonathan Chacón, desenvolvedor especializado en accesibilidade, usabilidade e novas tecnoloxías, que nos contará a importancia de facer que a tecnoloxía sexa inclusiva para todas as persoas, sen importar as súas capacidades. Acompáñanos nesta charla para descubrir como construír un mundo dixital máis accesible e aberto para todos. Enlaces mencionados no programa Jonathan Chacón https://www.linkedin.com/in/jonathanchacon/ Programar a ciegas https://programaraciegas.net/ Podcast e canais nos que colabora - Accesibilidad con Tecnologías libres https://accesibilidadtl.gitlab.io/ - El garaje de Cupertino https://www.youtube.com/watch?v=pUC6jZyoUT8 As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 7 meses
1
0
16
24:47
#129 - Wolvic, navegador aberto para XR
#129 - Wolvic, navegador aberto para XR
Mancomún podcast - Wolvic, navegador aberto para XR Wolvic é un navegador de código aberto que permítenos acceder á web, incluíndo xogos inmersivos, vídeos e contornas deseñadas para Realidade Virtual e Realidade Aumentada ou Extendida. Hoxe contamos con Sergio Villar, Enxeñeiro de Software e socio en Igalia. Con Sergio aprenderemos sobre esta tecnoloxía e como acceder a estas realidades alternativas da mellor forma. Enlaces mencionados no programa Wolvic https://wolvic.com/en/ Sergio Villar https://www.linkedin.com/in/svillarsenin/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 9 meses
1
0
10
22:18
#128 - Software libre: o motor da Xenómica, con Adrián Casanova
#128 - Software libre: o motor da Xenómica, con Adrián Casanova
Mancomún podcast - Software libre- o motor da Xenómica, con Adrián Casanova No campo da Bioinformática necesítanse un gran abanico de aplicacións para operar con toda a información que se necesita procesar. Por sorte para os investigadores, existe unha gran cantidade de aplicacións de software libre que se poden usar neste e noutros campos da ciencia, de forma totalmente libre. Hoxe veremos algunhas destas ferramentas co Biólogo Adrián Casanova, e daranos a coñecer o mundo da xenómica. Enlaces mencionados no programa Adrián Casanova https://www.linkedin.com/in/adrian-casanova-chiclana/ Charla de Adrián Casanova na Xornada Software Libre Científico - Edición Campus Terra (Lugo) Software libre: o motor da Xenómica https://xornada.melisa.gal/doc/xenomica.pdf As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 10 meses
0
0
16
17:01
#127 - PyConEs Vigo 2024
#127 - PyConEs Vigo 2024
Mancomún podcast - PyConEs Vigo 2024 A PyConES é unha das conferencias de Python máis importantes de España. Este ano terá lugar os días 4, 5 e 6 de outubro en Vigo. Un evento que reunirá a centos de entusiastas de Python, cunha axenda incrible na mellor localización posible. Hoxe contamos con Álex Hermida, un dos organizadores do evento, para saber máis sobre el. Enlaces mencionados no programa PyConEs Vigo https://2024.es.pycon.org/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 10 meses
0
0
13
21:19
#126 - Modelos libres de IA, con Cesar García de "La hora Maker"
#126 - Modelos libres de IA, con Cesar García de "La hora Maker"
Mancomún podcast - Modelos libres de IA, con Cesar García de "La hora Maker" Cada vez aparecen máis e máis modelos chamados libres ou abertos en Intelixencia Artificial. Grandes empresas como Meta, Apple ou Microsoft únense a esta corrente liberadora, pero case sempre usando o termo libre, de forma pouco ortodoxa. Hoxe contamos con César García, ao mellor coñécelo máis na súa faceta de docente, investigador ou conferenciante, ou por ser o creador e presentador de "La Hora Maker", onde nos fala sobre novas tecnoloxías, mundo maker, sobre o deseño aberto, a personalización radical, o software libre e ultimamente creando moito contido sobre a Intelixencia Artificial. Enlaces mencionados no programa Cesar García https://www.linkedin.com/in/cesargarciasaez/ La Hora Maker https://www.youtube.com/c/LaHoraMaker As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 11 meses
1
1
16
44:53
#125 - Guía para a liberación de traballos universitarios
#125 - Guía para a liberación de traballos universitarios
Mancomún podcast - Guía de liberación de proxectos universitarios O CIXUG (Consorcio Interuniversitario de Galicia), publicou unha guía para a liberación de traballos universitarios. O propósito desta guía é alentar aos estudantes a que liberen e compartan os seus traballos universitarios. Baseándose na premisa de que o coñecemento potenciase ao ser compartido, a liberación de traballos por parte das persoas que forman a comunidade universitaria cataliza a innovación e a creatividade. Hoxe falaremos hoxe con Rafa Gayoso para saber máis sobre esta guía. Enlaces mencionados no programa Guía https://mancomun.gal/ficha/guia-para-a-liberacion-de-traballos-universitarios/ CIXUG https://www.cixug.gal/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 12 meses
0
0
10
22:39
#124 - Akademy-es 2024
#124 - Akademy-es 2024
Mancomún podcast - Akademy-es 2024 Este ano, a Akademy-es 2024 celebrarase de forma presencial en València o 24 e 25 de maio, organizada por KDE España e de forma paralela a outro gran evento como é a esLibre, grazas ao esforzo da asociación sen ánimo de lucro de GNU/Linux València. Hoxe contamos con varios dos organizadores da Akademy-es para coñecela mellor. Enlaces mencionados no programa Akademy-es 2024 https://www.kdeblog.com/programa-de-charlas-de-akademy-es-2024-de-valencia-eslibre-edition-akademyes.html eslibre 2024 https://eslib.re/2024/ KDE https://kde.org/gl/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
9
18:24
#123 - Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial
#123 - Proxecto Nós, o Galego na Intelixencia Artificial
Mancomún podcast – Proxecto Nós Se queremos que o noso idioma teña presenza no mundo tecnolóxico, é necesaria a creación de corpus lingüísticos e de modelos de linguaxe profunda que inclúan o galego. As tecnoloxías lingüísticas son elementos transversais que van estar en todos os sectores da economía, da cultura e da sociedade. Hoxe falaremos coa xente do Proxecto Nós, para coñecer de primeira man os traballos que están a levar a cabo, conseguindo que todos poidamos dispoñer das tecnoloxías dixitais en galego. Enlaces mencionados no programa Proxecto Nós https://nos.gal/gl/proxecto-nos](https://nos.gal/gl/proxecto-nos Síntese de voz con Celtia https://tts.nos.gal/](https://tts.nos.gal/ Recursos do proxecto https://nos.gal/gl/proxecto-nos/recursos](https://nos.gal/gl/proxecto-nos/recursos As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
11
31:39
#122 - esLibre 2024
#122 - esLibre 2024
Mancomún podcast - esLibre 2024 En marcha a próxima edición de esLibre 2024, desta vez facendo de anfitrioa a comunidade GNU/Linux València. Estas xornadas de coñecemento libre terán lugar os días 24 e 25 de maio en As Naves, o centro de innovación social da cidade de València, e en La Mutant, o espazo de artes vivas. Hoxe contamos con Paula de la Hoz e David Marzal, parte da organización, para coñecer un pouco máis sobre a esLibre deste ano. Enlaces mencionados no programa EsLibre 2024 https://eslib.re/2024/ Slimbook https://slimbook.com/home Envío de propostas https://eslib.re/2024/propuestas/ Propostas aceptadas https://propuestas.eslib.re/2024/ Propostas recibidas https://eslib.re/2024/propuestas-recibidas/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
21
28:07
#121 - FOSDEM 2024
#121 - FOSDEM 2024
2024-03-14 Mancomún podcast - FOSDEM 2024 Volvemos traer a Mancomún Podcast un ano máis, un dos eventos máis imporantes do software libre en Europa. A FOSDEM é un evento gratuíto onde miles de desenvolvedores de software libre e código aberto de todo o mundo poden reunirse, compartir ideas e colaborar xuntos en Bruxelas. Este ano, a FOSDEM tivo lugar o 3 e 4 de febreiro, e para saber maís sobre este evento, hoxe contamos coa colaboración de Chema Casanova, Brais Arias e Paula Taibo. Enlaces mencionados no programa FOSDEM https://fosdem.org/2024/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
12
21:41
#120 - Mesa redonda polo 'Día Internacional das Mulleres'
#120 - Mesa redonda polo 'Día Internacional das Mulleres'
Mancomún podcast - Mesa redonda polo "Día Internacional das Mulleres" Aproveitando a celebración do 8 de marzo polo “Día Internacional das mulleres”, traemos unha mesa redonda con varias das invitadas que pasaron polos Faladoiros de Mancomún, e onde se falou de varios temas e problemáticas relacionadas coa muller no sector tecnolóxico e laboral. Enlaces mencionados no programa Faladoiros de Mancomún https://mancomun.gal/?s=faladoiro+mancomun&lang=gl Vídeo da mesa redonda https://www.youtube.com/watch?v=aT6SOoVU9JU&t=193s As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
11
55:33
#119 - Tecnología en el sector público, con Jaime Gómez-Obregón
#119 - Tecnología en el sector público, con Jaime Gómez-Obregón
Mancomún podcast - Tecnología en el sector público, con Jaime Gómez-Obregón Hoxe contamos cun convidado moi especial, Jaime Gómez-Obregón, para falar sobre tecnoloxía no sector público. Díxose del que é “o hacker contra a corrupción”, “o hacker bo que persegue istracións transparentes”, entre outras... Enlaces mencionados no programa Jaime Gómez-Obregón https://www.linkedin.com/in/jaimegomezobregon/ https://jaime.gomezobregon.com/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
23
01:21:13
#118 - Educación, Software libre e IA con David Lareo
#118 - Educación, Software libre e IA con David Lareo
David Lareo escribe sobre desenvolvemento web, cloud computing e tecnoloxía educativa. Conta cunha formación humanística que lle permite exercer de tradutor con outros perfís menos técnicos, e que lle axuda a ter certa perspectiva e non considerar a tecnoloxía como un fin en si mesmo. Desenvolve ecosistemas dixitais para a educación superior e o aprendizaxe ao longo da vida mediante laboratorios de innovación. Enlaces mencionados no programa David Lareo https://lareo.eu/ Éutika https://www.eutika.com/ Moodle https://moodle.org/?lang=gl As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
17
01:02:03
#117 - Conversas libres, fin de ano 2023
#117 - Conversas libres, fin de ano 2023
Mancomún podcast - Conversas libres, fin de ano 2023 Rematamos este ano 2023 con outra das nosas conversas libres onde faremos un pequeno repaso do que nos chamou atención. Coma sempre, falaremos de software e hardware libre, pero tamén de cultura libre. Enlaces mencionados no programa Trens polacos con DRM New Outlook sends s, mails and other data to Microsoft LibreLink de Abbott nin libre nin funciona AMD engade un fusible que indica se o procesador foi overclockeado Encrypted Client Hello soportado por Chrome e Firefox Mips64el podería non estar soportado en Debian 13 pola falta de máquinas para compilalo Lanzamento de RPi5 + Igalia desenvolve drivers Linux para a GPU de RPi5 + Charla de Igalia en Aindustriosa sobre o desenrolo do driver Un fabricante de RISC-V en hardware aberto: SiFive Unha ferramenta libre moi boa para facer enquisas: LimeSurvey Alternativa libre a Unity: Godot Ferramenta de xestión contable/facturación: FacturaScripts Dereito a reparar: repair.eu As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
1
1
22
01:14:22
#116 - Videoxogos libres para nenos e non tan nenos, con Leillo
#116 - Videoxogos libres para nenos e non tan nenos, con Leillo
Mancomún Podcast - Videoxogos libres para nenos e non tan nenos, con Leillo Contamos novamente con Leillo, un dos nosos invitados favoritos e máis asiduos de Mancomún Podcast. Con el repasaremos novidades dos videoxogos e profundizaremos hoxe en xogos libres para nenos... e non tan nenos. Así que ide tomando nota do que vos contemos para as próximas datas festivas que se aproximan... e ide desenpolvando os vosos joystics, volantes e mandos de calquera tipo. Enlaces mencionados no programa Jugando en linux https://jugandoenlinux.com/ https://www.supertux.org/ https://jugandoenlinux.com/tags/supertux/ https://secretchronicles.org http://www.secretmaryo.org/ https://snapcraft.io/smc-windows https://opensurge2d.org/ https://jugandoenlinux.com/tags/open-surge/ https://agateau.com/projects/pixelwheels/ https://jugandoenlinux.com/index.php/homepage/carreras/1419-disponible-pixel-wheels-un-juego-libre-de-carreras-de-coches https://www.ya2.it/pages/yorg.html https://jugandoenlinux.com/tags/yorg/ https://supertuxkart.net https://jugandoenlinux.com/tags/supertuxkart/ https://www.hedgewars.org/ https://jugandoenlinux.com/tags/hedgewars/ https://www.minetest.net/ https://jugandoenlinux.com/tags/minetest/ https://veloren.net/ https://jugandoenlinux.com/tags/veloren/ https://github.com/kthakore/frozen-bubble https://supertux.party/ https://gotm.io/supertuxparty/super-tux-party https://jugandoenlinux.com/tags/super-tux-party/ https://foobillardplus.sourceforge.net/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
2
0
16
21:22
#115 - Astronomía, con Ramón Iglesias Marzoa
#115 - Astronomía, con Ramón Iglesias Marzoa
Mancomún Podcast - Astronomía, con Ramón Iglesias Marzoa Ramón Iglesias Marzoa traballa como Astrónomo técnico no Observatorio Astrofísico de Javalambre, en Teruel. Desde alí están facendo unha completa cartografía do ceo. Hoxe falaremos de Astronomía, Ciencia e Software libre con Ramón. Enlaces mencionados no programa Ramón Iglesias Marzoa https://ivoox.descargarjuegos.org/profile/Ramon-Iglesias-Marzoa/2 Stellarium https://stellarium.org/es/ Kstars https://kstars.kde.org/es/ As músicas usadas neste programa foron: - Canción "Street dancing" do grupo Timecrawler, CC BY License: http://creativecommons.org/licenses/by/4.0/ - Efectos sonoros de Freesound (https://freesound.org/)
Internet y tecnología 1 año
0
0
14
27:44
También te puede gustar Ver más
Web Reactiva | Tecnología, programación y carrera
Web Reactiva | Tecnología, programación y carrera Web Reactiva es un podcast sobre desarrollo y programación potenciada con IA. Estamos en https://webreactiva.com .Te contaré historias para programadores que nunca antes habrás escuchado;)Recursos, reflexiones y todo el ecosistema de producción web: backend, frameworks, cms, ecommerce, cloud, despliegues, frontend, programación a medida y más cosas. También hablaremos del negocio que podemos crear en torno al mundo developer. Actualizado
mixx.io, podcast diario de tecnología
mixx.io, podcast diario de tecnología Podcast diario de tecnología que explica la actualidad de una forma amena, clara y concisa.  ¿Quieres escucharlo sin anuncios? Apúntate en Patreon https://patreon.com/mixxio, y recibe también tazas, camisetas y pegatinas del programa. Actualizado
La Tecnología Para Todos
La Tecnología Para Todos De pequeño daba 2 semanas a los juguetes antes de desmontarlos y ver lo que había dentro. No sé, curiosidad u obsesión destructiva. Ahora cacharreo con Arduino, Raspberry Pi, ESP32 y todo lo que tenga cables y utilice programación. Parece ser que no me he curado y ahora cacharreo con mi casa. Actualizado
Ir a Internet y tecnología