Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
Salta da Cama
REDFLAGS E LÍMITES COA FAMILIA, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA

REDFLAGS E LÍMITES COA FAMILIA, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 3j12f

27/5/2025 · 17:16
0
35
Salta da Cama

Descripción de REDFLAGS E LÍMITES COA FAMILIA, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 5h443r

Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos das consecuencias psicolóxicas do apagón e do medo á desconexión. 🔊"Que sucede se a familia non cumpre esa función de seguridade e afecto e non se constrúe unha boa base?". 🔊"Debemos ter en conta que poñer límites pode evitar a ruptura real coa familia". 🔊"Moitas persoas senten que sempre son e serán tratados como nenos e adolescentes cando están con seus pais". 📢É interesante tratar o tema dos límites dentro do ámbito familiar. Case sempre os pensamos cos fillos ou coa parella, pero quizais a familia é unha das áreas nas que é máis complexo actuar. 💡Por que sucede isto? A familia é unha institución social que cumpre unha función de protección, seguridade e afecto, algo que de non ser así pode provocar angustia e incluso problemas de saúde mental. Pero manifestar as necesidades propias e poñer límites non sempre ten as consecuencias esperadas. Aínda que a estrutura das familias vai evolucionando e cambiando progresivamente, e poucos casos quedan das familias tradicionais, a familia segue cumprindo a función de protección, seguridade, afecto e de proporcionarnos os valores e normas que nos permiten socializar de forma axeitada. Aprendemos, gracias a ela, cales son as regras do xogo, como ver o mundo, ... Dende os primeiros vínculos de apego cun bebé, a familia é o primeiro axente socializador que teñen os individuos, o que lles aporta certas bases e valores e o que, nunha importante medida, marcará certas pautas nas condutas futuras. 💡Pero, que sucede se a familia non cumpre esa función de seguridade e afecto e non se constrúe unha boa base? Tamén é relevante que na etapa adulta a familia siga sendo unha estrutura á que acudir en busca de seguridade, xa sexa afectiva, física ou incluso económica, pero onde non falte a autonomía persoal. Isto “debería ser así”, pero isto queda máis na teoría que na realidade, xa que moitos adultos non son capaces de reclamar o seu espazo dentro do entorno familiar, cos que manteñen dinámicas familiares de orixe. Moitas persoas senten que sempre son e serán tratados como nenos e adolescentes cando están con seus pais. Da a sensación de que se debe seguir preguntando a opinión sobre calquera aspecto vital, chantaxe se non se seguen as súas recomendacións, ... Tamén se pode dar o caso de que non se valoren os obxectivos alcanzados, senón que se menosprecen os logros coa escusa de que sempre se pode facer máis ou mellor. Isto pode ser normalizado polas persoas, xa que están acostumadas dende pequenas a estas dinámicas, pero iso non implica que sexan “normais”. Existen mecanismos de defensa tamén forxados na infancia, para poder tolerar as dinámicas disfuncionais, dende a minimización, ata a idealización ou a normalización. A maioría das veces, ata que non se ten o con parellas, outras familias, ... non se verán as red flags. Ás veces pode pasar tamén que aínda que vexamos as sinais de alarma non sempre actuamos en consecuencia. Non é sinxelo entrar en conflito con todos os mitos familiares que hai no imaxinario colectivo e no que a familia é unha estrutura case idílica que nunca dana aos seus membros. Sen embargo, na realidade, a familia si que pode danar, e ser conscientes disto e cuestionar que as persoas que pertencen a esa categoría non sempre se comportan dunha maneira sana ou correcta, é o primeiro paso para poder comezar a ser libres e tamén para sanar as feridas causadas. Tendo en conta que a nosa familia é un anclaxe, podemos entón ter sentimentos de culpabilidade ou incluso de traición, ou de perda da propia identidade. Sen embargo, se vemos que os patróns de relación que aprendemos poden estar fallando é importante romper e reaprender a crear novas formas de vincularnos e relacionarnos, xa que se os mantemos poder romper esa propia identidade de forma real. E incluso debemos ter en conta que poñer límites pode evitar a ruptura real coa familia. Cando pensamos neles xa pensamos que todo se vai romper, pero poden ser xustamente o que faga que non se rompa e que se cree un entorno saudable que sexa beneficioso para todos. 💡TIPS ✅1. Ser directo, tendo esas conversas difíciles, nas que sabemos que podemos dicir cousas que aos outros lles poden molestar pero que poden traer beneficios para todos. Aclarando sentimentos e necesidades, pero sen atacar e intentar criticar formas de ser, senón comportamentos que é necesario cambiar. ✅2. Alónxate cando o precises. Hai momentos nos que non é preciso estar presentes se as situacións son desagradables ou incluso perigosas emocionalmente. Nese caso, non é necesario que poñas escusas ou que pidas desculpas. ✅3. Recorda que estás ao cargo da túa propia vida, e que os outros poderán gobernar na súa propia. Ninguén pode obrigarnos a facer nada. ✅4. Sé asertivo. Mostra comprensión cara a outra parte, pero poñendo en alza as túas necesidades. Non faltes ao respecto, pero tampouco permitas que cho falten. ✅5. Autoavalíate e reflexiona, para poder manter a consistencia. Se analizamos de forma profunda a situación, nos autoavaliamos e vemos os límites que precisamos, despois tamén poderemos manter a consistencia neses límites, sen modificalos á primeira de cambio. Confía en ti e no teu criterio. ✅6. Buscar apoio externo. Cando temos dúbidas de se estamos a marcar uns límites excesivos, de se o estamos facendo correctamente, ... tamén pode ser interesante apoiarnos en persoas que nos poidan dar a súa opinión e que nos apoien nos momentos de fraqueza. 👉Máis información BARROS PSICOLOGÍA: ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/ ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/ 🎙️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast👍 👉Máis Información e entrevistas: ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/ ✔️Clubhouse: @pablochichas ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas 2a294p

Comentarios de REDFLAGS E LÍMITES COA FAMILIA, por Verónica Barros, de BARROS PSICOLOGÍA 1a5l60

Este programa no acepta comentarios anónimos. ¡Regístrate para comentar!