Trending Misterio
iVoox
Descargar app Subir
iVoox Podcast & radio
Descargar app gratis
LINGUAS MINORIZADAS
LINGUAS MINORIZADAS
Podcast

LINGUAS MINORIZADAS 1s4k4t

Por Mohawk
57
67

Sobre linguas que, como o que acontece hoxe co Galego, sofren - ou sufriron - unha situación de conflito e minorización face a outra lingua dominante dentro do seu territorio orixinal. 1s2sw

Sobre linguas que, como o que acontece hoxe co Galego, sofren - ou sufriron - unha situación de conflito e minorización face a outra lingua dominante dentro do seu territorio orixinal.

57
67
O IMPERIALISMO LINGUISTICO do ESPAÑOL
O IMPERIALISMO LINGUISTICO do ESPAÑOL
Conferencia de Juan Carlos Moreno Cabrera o 8 de xuño do 2012 na que nos fala do "valor económico do Español". Plantexa unha crítica ao punto de vista neoimperialista que xustifica a marxinación das lenguas minoritarias como unha deriva necesaria do imperialismo económico capitalista.
Idiomas 12 años
2
0
91
22:23
O ESPAÑOL e as outras linguas de ESPAÑA
O ESPAÑOL e as outras linguas de ESPAÑA
Conferencia no 2011 de Juan Carlos Moreno Cabrera, un lingüista español, catedrático de Lingüística General en la Universidad Autónoma de Madrid, sobre o nacionalismo lingüístico do Español e os mitos que sustentan a sua pretendida hexemonia con respeito a outras linguas peninsulares. Muito interesante.
Idiomas 12 años
2
0
139
38:58
O GAÉLICO en IRLANDA
O GAÉLICO en IRLANDA
O Gaélico, apesar de ser oficial, segue a ser unha lingua ameazada.Conservar o gaélico, un idioma con máis de 3.000 años de historia, base da identidade ea cultura irlandesa é o reto de muitos pais irlandeses...
Idiomas 12 años
1
0
57
02:09
POLÍGLOTAS en LUXEMBURGO
POLÍGLOTAS en LUXEMBURGO
Luxemburgo é un país políglota, cuxo sistema escolar dedica grande parte de seu tempo e recursos ao aprendizaxe de idiomas, a veces incluso en detrimento de otras materias.
Idiomas 12 años
1
0
49
03:00
O MIRANDÉS. Astur-leonés de PORTUGAL
O MIRANDÉS. Astur-leonés de PORTUGAL
O Mirandés (Mirandês ou lhéngua mirandesa), é un idioma pertencente ao grupo ASTUR-LEONÉS, con estatuto de segunda língua oficial en Portugal SÓ desde o 29 de xaneiro de 1999, esto é, coma quen di, até antonte (contodo, é a única astur-leonesa con rango oficial). A norma ortográfica que se acordou posteriormente para o Mirandés está basada no Portugués. O Mirandés é falada por menos de quince mil persoas no concello de Miranda do Douro. e en tres aldeiñas do concello de Vimioso, ambos pertencentes á rexión histórica de Trás-os-Montes. Estraído dun documentário de Canal Historia no 2008.
Idiomas 12 años
1
0
189
45:52
A Lingua LEONESA (o LLIONÉS)
A Lingua LEONESA (o LLIONÉS)
O Leonés (lliunés) é o conxunto de falas romances vernáculas do dominio lingüístico asturleonés que aínda existen nas provincias españolas de León e Zamora. A Unesco clasifica ao Leonés dentro das linguas en alto risco de extinción. A súa precaria situación está directamente determinada polos seguintes condicionantes: é un dioma non oficial, non se ensina sistemáticamente na escola, hai unha baixa ou nula presenza nos meios de comunicación, e o seu nivel de coñecimento e uso entre a poboación é xa totalmente residual. No 2011 a productora Armonía Films propúxose seguir as pegadas dos últimos falantes espontáneos de lliunés. O resultado é o documentario "Asina falamos".
Idiomas 12 años
3
1
167
29:53
Literatura en ASTURIANU da Asturias de Santillana
Literatura en ASTURIANU da Asturias de Santillana
Conferencia no 2010 de Xaviel Vilareyo sobre a literatura dialectal dos escritores da Asturias de Santillana
Idiomas 12 años
2
0
39
37:02
O MONTAÑÉS ou ASTURIANO de CANTABRIA
O MONTAÑÉS ou ASTURIANO de CANTABRIA
Conferencia de Xabiel Vilareyo sobre o ASTURIANU falado na Asturias de Santillana (na actual Cantabria), tamén chamado MONTAÑÉS ou PASIEGU. Non se debe confundir co Cántabro que falaban os antigos povos de Cantabria, unha lingua morta prerromana de orixe pre-indoeuropeio ou simplemente indoeuropeio.
Idiomas 12 años
1
0
100
01:01:19
O ASTURIANO e o léxico moderno
O ASTURIANO e o léxico moderno
Programa Nós, da TV asturiana, na que fala da problemática lingua asturina no ámbito científico e técnico moderno.
Idiomas 12 años
1
0
42
09:30
Cultura CELTA e GAITA ASTURIANA
Cultura CELTA e GAITA ASTURIANA
Sobre a Cultura Celta, especialmente referido neste caso á música, e a súa impronta en Asturias. Está contado en Asturianu.
Idiomas 12 años
5
0
358
10:34
O ASTURIANO nos Institutos de Asturias
O ASTURIANO nos Institutos de Asturias
O idioma Asturiano (Asturianu, antes coñecido por Bable) é o termo utilizado para referirse á lingua tradicional de Asturias. O estado legal actual desta lingua goza de protección, mas sen chegar a estar recoñecida como oficial no Principado. De feito, os rapaces con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos estudan o Asturianu no colexio só de forma voluntaria, enquanto que, entre os 12 e os 18 xa só é posíbel estudalo de forma optativa nalguns institutos. No programa Nós da TV asturiana faise esta pequena reportaxe no instituto Juan José Calvo Miguel de Sotrondio, en Samartín del Rei Aurelio, pioneiro na ensinanza do Asturianu en secundaria e paradigma da problemática coa que se atopan.
Idiomas 12 años
2
0
87
08:08
O ARAGONÉS de RIBAGORZA
O ARAGONÉS de RIBAGORZA
Fragmento do documental "Visions d' una llengua" de Aurelio Bardaxi, na que o filólogo Xavier Tomás reflexiona sobre a lingua aragonesa, especialmente da falada en Ribagorza, que é a que actualmente se mantén con máis vitalidade.
Idiomas 12 años
1
0
39
07:10
Medrando en ARAGONÉS
Medrando en ARAGONÉS
Pequena reportaxe na TV sobre a lingua aragonesa que aínda se fala incluso entre os nenos das montañas de Huesca.
Idiomas 12 años
1
0
40
08:32
A lingua ARAGONESA
A lingua ARAGONESA
Descripción rápida e esquemática da lingua aragonesa, así como da sua situación, contado en català.
Idiomas 12 años
1
0
44
04:51
O CATALÁN e o CASTELÁN en CATALUÑA
O CATALÁN e o CASTELÁN en CATALUÑA
Sobre a convivencia e as friccións que acontecen entre o Catalán e máis o Castelán no territorio catalán.
Idiomas 12 años
1
0
31
03:46
Breve historia de CATALUÑA
Breve historia de CATALUÑA
Breve historia de Cataluña, desde a Prehistória até a Transición, contada en català. Tras a desintegración do Imperio carolinxio, o Condado de Barcelona, que fixera parte da Marca Hispánica carolínxea, atinxiu unha independencia de facto a finais do século X, e consigiu agrupar arredor del, unha importante parte da actual Cataluña.
Historia y humanidades 12 años
18
0
2.6k
23:45
 A misteriosa orixe do EUSKERA
A misteriosa orixe do EUSKERA
O Euskera é unha lingua illada (sen relación coñecida con ningunha lingua...do mundo!) e considerase a única preindoeuropea supervivinte na Europa occidental moderna, e, portanto, a de raizames mais antigas.
Idiomas 12 años
1
0
90
09:34
O EUSKERA e a experiencia das IKASTOLAS en NAVARRA
O EUSKERA e a experiencia das IKASTOLAS en NAVARRA
Conferencia no 2011 de Manu Gómez sobre as Ikastolas en Navarra e o seu labor na promoción do Euskera. Unha ikastola é un tipo de escola que dá o ensino íntegramente en Euskera. As ikastolas están presente maioritariamente en Euskadi, mas tambén se extenden polos territorios euskaldunes de Navarra, e do País Vasco francés.
Idiomas 12 años
1
0
79
01:38:34
Os KURDOS, a sua cultura e a sua LINGUA
Os KURDOS, a sua cultura e a sua LINGUA
Conferencia no 2011 sobre os kurdos, un povo indoeuropeio que mora na rexión montañosa do Kurdistán, ao suroeste de Asia, e que están espallados principalmente entre os estados de Irak, Turquía e Irán. Tratase da nación máis grande sen estado, pois falamos de 55 ou 60 millones de pesoas, dos que aproximadamente un 45% vive na Turquía.
Idiomas 12 años
1
0
72
01:20:49
O GALEGO ESTREMEIRO 6 de 6 – Mesa Redonda
O GALEGO ESTREMEIRO 6 de 6 – Mesa Redonda
Coloquio sobre o galego estremeiro entre os conferenciantes Lubián Lubián, Felipe (As Portelas), Lago Mestre, Xabier (O Bierzo), Varela Aenlle, Carlos Xesús (Terras do Eo-Navia en Asturias), Costas González, Xosé Henrique (O Val do Ellas de Cáceres), e Garrido Rodrigues, Carlos (Galiza). O coloquio centrouse nas normas léxico-ortográficas que se deberían implementar para cada territorio nos distintos galegos estremeiros: desde a asunción de subnormas locais, asumindo dialectalismos e vulgarismos, como defende Carlos Xesús Varela para o Galego de Asturias, até a integración nunha norma única coordinada co Português como defende o representante de AGAL, Carlos Garrido. Face a esta última opción, Xosé Henrique Costas, formado no ILG, posicionase, ao seu pesar, en contra da mesma, por, segundo di, razóns prácticas... Provén do aquivo dixital da AGLP
Idiomas 12 años
1
0
31
31:30
Más de Mohawk Ver más
A GALIZA e o GALEGO
A GALIZA e o GALEGO Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza... Actualizado
RETALLOS PARA O PENSAMENTO
RETALLOS PARA O PENSAMENTO Sobre os humanos actuais e ados. Sobre a nossa sociedade e o seu desenvolvimento sostíbel...assi como calquer outro tema que convide á dialogar e debater... Actualizado
O GALEGO
O GALEGO Sobre a língua galega em todos os seus poliédricos aspectos. Actualizado
También te puede gustar Ver más
O GALEGO REINTEGRACIONISTA
O GALEGO REINTEGRACIONISTA Sobre o movimento reintegracionista galego, esto é: o que progugna un galego harmónico co português...o cal non deixa de ser a súa outra face, a dun galego que tivo a fortuna histórica de se normalizar A asunción maioritaria da opción reintegracionista pola sociedade galega implicaría unha grande vantaxe competitiva ao multiplicar as nosas posibilidades comunicativas internacionais, sen deixar de falar a nosa língua... Quero aclarar que me decidín a escribir na normativa fundamentalmente autonomista (sen por isto ser purista), para que así ninguén se me "asuste" anticipadamente antes de escoitar os audios, e así se poidan achegar ao movimento reintegracionista sen preconceitos... Actualizado
A FALA da LINGUA
A FALA da LINGUA Sobre toponimia, léxico, fonética e os distintos xeitos, en definitiva, de falar galego ao longo do territorio da actual autonomía galega Actualizado
Estira la Llengua
Ir a Idiomas